Xestión da innovación

Modelos de innovación e Sistemas de Xestión de I+D+i. Integración da xestión da innovación coa estratexia empresarial e mellora da súa eficacia mediante a organización, sistematización e xestión das actividades innovadoras conforme aos requisitos da norma UNE 166002:2014 de Xestión da I+D+i. Somos formadores para AENOR desde na norma UNE 166002 e expertos na súa interpretación e implantación.

Creatividade e xeración de ideas innovadoras. Desenvolvemos as habilidades creativas das persoas para introducir no proceso de xestión da innovación a xeración de ideas. Con ferramentas prácticas axudamos a identificar aos traballadores, proveedores ou clientes máis comprometidos co presente e futuro da empresa. Axudamos a formular novas preguntas e a que as ideas se poidan transformar en propostas de valor.

Sistemas de Vixilancia Tecnolóxica e intelixencia competitiva. Realizamos o deseño, desenvolvemento e implementación dun Sistema de Intelixencia Competitiva conforme á Norma UNE 166006 que da soporte ás actividades de escoita e observación do entorno.

Comercialización da innovación

Explotación de resultados. Asesoramos na búsqueda de socios e colaboradores que participen dos resultados das innovacións. Levamos a cabo a coordinación e formalización de consorcios e revisamos os contratos e convenios de investigación e servizo así como as licencias de explotación de resultados/patentes.

Incorporación ao mercado. Apoiamos ao emprendedor analizando a viabilidade do proxecto e acompañando o proceso de concreción da idea de negocio. Buscamos apoios financeiros e colaboradores. E asesoramos acerca das formas xurídicas de constitución da nova empresa.

Creación de Spin-offs e EBTs. Levamos a cabo a recopilación, análise e valoración de produtos explotables como resultado do proceso investigador. Deseñamos o plan de negocio, xestionamos acordos de explotación con OPIs e intervimos na Incorporación do persoal.

  • UNE 166001
  • UNE 166002
  • UNE 166006
  • UNE 166008v
  • PLATAFORMA DE IDEACIÓN
  • BUSINESS MODEL CANVAS
  • CPS
infografia-2
Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.