Coa finalidade de satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes e demáis partes interesadas internas e externas, Serviguide implantou un Sistema de Xestión para as súas actividades de outsourcing e consultoría.

Serviguide posúe as siguientes certificacións e recoñecementos:

Certificado ISO 9001 Serviguide, SL

Certificado Calidad AENOR

SERVIGUIDE SL conta coa Certificación do Sistema de Xestión de Calidade para as actividades de “Outsourcing – Externalización de servizos (servizos de xestión, servizos de forzas de vendas, servizos de hostalería, servizos de RRHH, servizos de contact center, servizos de control de acceso, servizos de loxística)”.

Certificado ISO 9001 Serviguide Consultoría, SL

Certificado Calidad AENOR

SERVIGUIDE CONSULTORÍA, SL conta coa Certificación do Sistema de Xestión de Calidade para as actividades de “Prestación de Servizos de consultoría de xestión da innovación, xestión de proxectos de I+D e organización empresarial. Deseño, desenvolvemento e impartición de accións formativas na área de xestión da innovación”.

Certificado ISO 14001 Serviguide Consultoría, SL

Certificado AENOR Gestión Ambiental

SERVIGUIDE CONSULTORÍA, SL conta coa Certificación do Sistema de Xestión Ambiental para as actividades de “Prestación de Servizos de consultoría de xestión da innovación, xestión de proxectos de I+D e organización empresarial. Deseño, desenvolvemento e impartición de accións formativas na área de xestión da innovación”.

Selo Pyme innovadora Serviguide Consultoría, SL

Sello Pyme innovadora

O Selo de Pyme Innovadora é un recoñecmento que o Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) outorga ás PEMEs de carácter innovador por ter realizado actividades no eido da Investigación, o desenvolvemento tecnolóxico ou a Innovación tecnolóxica (I+D+i) durante os últimos anos.

Empresa adherida ao Pacto por unha Economía Circular 2018-2020

logos ministerios economia circular

O Pacto por unha Economía Circular 2018-2020 é unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade que pon de manifesto o compromiso de todos os axentes implicados na transición cara unha economía circular en España, que xa está considerada como unha boa práctica a nivel comunitario.

Política de Xestión SERVIGUIDE

Estas son as directrices sobrelas que se sustenta a nosa Política de Xestión:

  • Lograr plena satisfacción dos nosos clientes, proporcionándolles servizos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas, incluindo as normas ou lexislación vixente.
  • Establecer unha sistemática de traballo documentada para asegurar a estandarización dos nosos servizos e os compromisos de calidade ofrecidos aos nosos clientes.
  • Implantar a mellora continua como norma de conducta.
  • Compromiso permanente do cumprimento cos requisitos legais e outros requisitos que a organización suscriba.
  • Asegurar a prevención da contaminación e desenvolvemento sostible nas diferentes actividades que forman as unidades de negocio.
  • Fomentar políticas de igualdade e de inclusión de colectivos con capacidades distintas.
  • Fomentar a ética empresarial, os valores e cultura de empresa e desenvolver accións encaminadas a ser un referente no eido da responsabilidade social corporativa.
  • Asegurar e fomentar políticas de xestión orientadas á seguridade no traballo, tanto para o persoal que traballa para a organización ou no seu nome.

Os compromisos aprobados na nosa Política de Xestión comunícanse a todo o persoal da Organización, persoal que traballa no seu nome e partes externas interesadas mediante publicación nas instalacións da Organización.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.