Business Model Canvas

Somos expertos na utilización do lenzo de modelo de negocio ideado polo referente da consultoría estratéxica Alexander Osterwalder. Conceptualizamos o modelo de negocio da empresa, proporcionando unha descripción sinxela e visual de como a organización crea, entrega e captura valor.

O lenzo permite visualizar as chaves do modelo de negocio, polo que é unha ferramenta ideal para xestionar procesos de transformación da empresa que permiten atopar novos mercados nos que ser máis competitiva, desenvolver novos produtos ou servizos cun valor diferencial respecto aos da competencia ou entender que cambios son necesarios na súa estrutura para poder aproveitar novas oportunidades.

Value Proposition Canvas

O segmento central do lenzo ideado por Alexander Osterwalder para visualizar as chaves do modelo de negocio da empresa céntrase en identificar a súa proposta de valor. É dicir, os beneficios que un cliente pode agardar dos produtos ou servizos da empresa.

A identificación dun elemento tan estratéxico pode precisar da súa propia metodoloxía. O Value Proposition Canvas permite clarificar a proposta de valor a partir da conexión entre os produtos e servizos, os beneficios e dores que implican e o comportamento dos clientes con respecto a estes produtos e servizos.

Creative Problem Solving

Estamos convencidos de que a xeración de ideas, base de calquera innovación e de calquera transformación, debe partir dunha axeitada identificación do problema a solucionar. Aportamos un novo enfoque á consultoría estratéxica.

Levamos anos implementando o método CPS creado por Alex Osborn e Sidney Parnes para solucionar problemas de maneira creativa. O método baséase nunha axeitada identificación de retos, a recopilación da información, a formulación de problemas e a xeración de ideas e solucións e o establecemento de plans de acción.

Plataforma de ideación

Contamos con ferramentas específicas que nos sitúan na vangarda da implantación de procesos de ideación, que permiten captar as mellores ideas procedentes dun equipo de traballo (empregados, clientes, fornecedores…), detectando as oportunidades de transformación desas ideas en novos procesos, produtos ou servizos e identificando ás persoas máis comprometidas co futuro da túa organización.

Enterprise landscape

Ferramenta propia que permite amosar de forma gráfica a posición da empresa con respecto a catro variables: tecnoloxía, mercado (clientes e fornecedores), entorno socioeconómico e competencia.

Constitúe unha ferramenta moi eficaz para elaborar un diagnóstico da intelixencia competitiva da empresa, podendo formar parte dun proceso de monitorización continua do entorno dentro dos procesos de sistematización da vixilancia tecnolóxica implementados por Serviguide.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.