Design Thinking

Os métodos da consultoría máis tradicional precisan de novas técnicas e enfoques para abordar os problemas, solucións e innovacións. Pensar desde un “enfoque de deseño” supón un dos mellores xeitos de afrontar a creación de novos produtos ou servizos desde unha perspectiva de diferenciación e adaptación ás necesidades do cliente.

Ler máis

A resolución de problemas a partir do Design Thinking supón pensar dun xeito similar ao dun deseñador, que tratará de sintetizar e destilar as chaves dunha idea para obter a solución final. Este xeito de pensar é moi útil para abordar a complexidade do mundo actual e converte o deseño nunha competencia asociada ao liderazgo e á iniciativa.

O Design Thinking está directamente vencellado a un dos principios que sempre guiaron a Serviguide: “Learning by doing”. Permite simultanear a aprendizaxe coa creación e axuda a reducir os riscos que a cotío van ligados ao desenvolvemento de novos proxectos.

Leer menos

Mapa de empatía

O mapa de empatía é unha ferramenta que nos obriga a “poñernos no lugar da nosa clientela” co obxectivo de identificar as características que nos permitirán facer un mellor axuste entre os nosos produtos ou servizos e as súas necesidades ou intereses.

A ferramenta céntrase en analizar diferentes aspectos desde a perspectiva do cliente: Que ve, que di e fai, que oe, que pensa e sente. A partir destes aspectos, será máis doado comprender cales son os esforzos que fai e cales son os beneficios que espera obter con respecto á nosa oferta de produtos ou servizos.

Customer Journey Map

O customer journey map, é unha ferramenta asociada ao Design Thinking que permite plasmar nun mapa, cada unha das etapas, interaccións, canles e elementos polos que pasa o noso cliente desde un punto a outro do noso servizo.

Supón plasmar nun entorno visual a relación entre as persoas clientes, a liña de tempo que marca a relación empresa-cliente, as emocións derivadas da súa experiencia e os puntos de contacto e interaccións que teñen lugar.

É  posible deseñar diferentes mapas de experiencia do cliente, facer zoom en certas partes do proceso e así  coñecer mellor como está vivindo o cliente a experiencia connosco.

Mistery Shopper

Simular o comportamento dun cliente permite  avaliar a calidade do servizo na venda do produto ou servizo, a formación dos vendedores ou a actitude dos intermediarios cara os produtos da empresa e da competencia.
A información resultante da simulación dunha queixa, unha compra, solicitude dun orzamento, etc. da lugar a unha análise cualitativa con diferentes variables xa definidas que permite obter información precisa e mellorar co obxectivo da excelencia na atención ao cliente.

Focus Group

Trátase dunha reunión de entre 6 e 12 persoas que poidan responder a diferentes perfís de cliente ou consumidor coa presenza dun moderador, investigador ou analista que se encarga de facer preguntas e dirixir a discusión. As preguntas son respondidas pola interacción do grupo nunha dinámica na que os participantes séntense cómodos e libres de falar e comentar as súas opinións.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.