Procesos

Outsourcing BPM - Servizos de operación de aplicacións

Ofrecemos ás empresas outsourcing de xestión e operacións de aplicacións de cara a obter os mellores resultados no desenvolvemento de software, ao menor custo posible. Colaboramos cos nosos clientes en identificar cales poden ser os desenvolvementos de aplicacións susceptibles de seren xestionados pola vía da externalización, analizando entre outros aspectos:

– Os recursos dispoñibles
– A prioridade dentro dos obxectivos do negocio
– A redución de custos
– Os tempos estimados para o desenvolvemento, testing e paso a produción
– A plataforma tecnolóxica necesaria

Outsourcing BPM - Servizos de recursos IT

O noso capital son as persoas e a tecnoloxía. Seleccionamos os mellores perfís axeitados a cada posición solicitada polos nosos clientes.
Asumimos os custos estruturais que implican a xestión de persoas, redundando nunha mellora da eficiencia do noso cliente.

Contact center especializado

O noso criterio de uniformidade na atención, a formación específica dos axentes ou a especialización por contas do persoal son a base de altos niveis de eficiencia. O noso control de calidade do servizo, así como os reportes periódicos permítennos obter datos e indicadores para unha rápida toma de decisións.

Servizos de xestión curricular

A xestión curricular contén no seu desenvolvemento as funcións de planificación, organización, avaliación e control dos currículos. O noso equipo xestiona amplas bases de datos traballando sobre a súa adecuación a cada perfil, realizando citacións, entrevistas telefónicas, dinámicas de grupo, etc… segundo o criterio que a empresa usuaria precise.

Servizos de información comercial

Facilitar información útil sobre o seu servizo ou produto é a nosa misión. Perfilamos un contido e descrición da man da súa organización co obxectivo de obter os mellores resultados. Poñemos a disposición da súa organización o persoal máis cualificado para levar a cabo o proxecto.

Servizos de telemarketing

Na busca de maiores resultados, o noso equipo comercial presta apoio como unha forza de vendas externa adicional, que se adapta con flexibilidade ás características da súa organización. A nosa calidade de servizo está garantida mediante a análise e os controis periódicos, xunto coa monitorización e a gravación das chamadas realizadas.

Servizo de enquisas telefónicas

Poñemos á súa disposición a posibilidade de obter datos sobre a opinión dos consumidores dun xeito masivo. Coñeza o grao de satisfacción sobre os seus servizos ou produtos ou sobre calquera outra variable de interese para a súa organización. O noso persoal especializado permitiralle obter unha valiosa información do mercado sen que supoña un custo en infraestruturas para a súa organización.

Comercial

Forza de vendas

O éxito dunfa forza de vendas comeza coa selección e contratación de bos profesionais da venda. O noso servizo de externalización parte dunha selección meticulosa do persoal de vendas, ademáis dunha consolidada capacitación reforzada de forma continua que nos permite dispor de equipos motivados e incentivados para a consecución e cumprimento das metas comerciais sinaladas.

Promocións

Como parte da súa estratexia empresarial ou de forma puntual. Contamos cun equipo novo e implicado de promotores con ampla experiencia neste sector.

Persoal de apoio

Ocupámonos de que a imaxe da súa organización no desenvolvemento dun evento ou presentación estea á altura do que os seus clientes agardan. Para isto poñemos á súa disposición ao noso persoal de apoio que realizará as tarefas de azafata/o, guía, recepcionista, persoal para gardarropía, etc.

Servizos de atención ao cliente personalizados

Se o que precisa é un trato personalizado e ir máis alá dun produto estándar, este é o seu servizo. Consúltenos sobre as súas necesidades e nós ofrecerémoslle a proposta de externalización axustada ao servizo que solicita e con persoal preparado para atender puntos de información ao cliente.

Xestión

Recursos Humanos

Asumimos tarefas ou proxectos de Recursos Humanos que precise a súa organización: externalización da función de Recursos Humanos, realización de procesos de selección de persoal, desenvolvemento de plans de igualdade, estudos de clima laboral, plans de recolocación ou outplacement, deseño de sistemas retributivos, formación de persoal (inclúe asesoramento para a xestión da formación ante a Fundación Tripartita), implantación de sistemas de avaliación do desempeño… entre outros.

Soporte administrativo

Damos cobertura a todas aquelas tarefas relacionadas coa preparación de documentación, a xestión de cobros, verificacións de datos e, en xeral, todo o tratamento documental que poida servir de soporte para a optimización da administración da súa organización.

Gravacións de datos

Realizamos unha análise inicial dos documentos a gravar que nos permite elixir o formato de entrada máis axeitado ás súas necesidades para obter o máximo rendemento durante a gravación e verificación dos documentos.

Servizos de control de acceso, atención ao público, coidado de instalacións

Dispoñemos de persoal cualificado para xestionar a externalización de tarefas de atención ao público de xeito presencial e/ou telefónico, así como a expedición de credenciais, control de presenza mediante sinaturas e no control de acceso de persoas a un recinto. Tamén dispoñemos de persoal profesional de coidado e a limpeza de instalacións.

Xestión de almacén

Confíenos os procesos de recepción e expedición de mercadorías do seu almacén, así como as funcións de picking, control de stock ou de calidade de produto, entre outros.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.