Rating de clientes

Dispoñemos dunha metodoloxía propia (“Customer Rank”) para levar a cabo a categorización e cualificación dos teus clientes. Aplicamos a intelixencia de negocio para clasificar a carteira de clientes en orde a aspectos vencellados directamente cos intereses e estratexia da túa empresa.

Ler máis

Parametrizamos o interese estratéxico dos teus clientes en base a variables como a súa rendibilidade, a sostibilidade da relación no tempo, a reputación derivada de dita relación ou a etapa que atravesa no ciclo de vida.

Convertimos a información que a túa empresa ten dos teus clientes nun activo que facilita a toma de decisións e a estratexia a seguir en cada caso.

Ler menos

Software CRM

Implantación de software

Implantación e mantemento dunha ferramenta de xestión de clientes potenciais, actuais e todo tipo de rexistros relacionados nunha única base de datos.

Personalización

A implantación do software parte dunha profunda análise dos procesos da empresa para configurarse como unha solución a medida.

Simplificación

Xestionamos a migración e adaptación da información e bases de datos de clientes existentes na empresa, unificando estruturas e contidos.

Monitorización

Ferramenta de intelixencia de negocio que permite unha visión global da actividade producida na empresa relacionada con clientes, tanto potenciais como reais, ademáis da presentación detallada das distintas accións realizadas e a posibilidade de estudar a súa trazabilidade.

Formación

Apoiamos o establecemento dun protocolo de rexistro da información na ferramenta para potenciar a súa coherencia e utilidade. Implicamos á empresa nos conceptos relacionados co CRM e impartimos formación relacionada co acceso e funcionamento tanto en PC como en dispositivos móbiles.

Enquisas dixitais

A fidelización do cliente require dun profundo coñecemento do seu comportamento e da súa actitude ante a empresa.

Selección da mostra

Serviguide garante a identificación dunha mostra representativa do colectivo de clientes da empresa, xa sexa en enquisas dirixidas ao consumidor final ou a outras empresas no caso de negocios b2b.

Redacción do cuestionario tipo

A partir das inquedanzas da empresa defínense as variables máis importantes e elabórase a serie de preguntas e opcións de resposta que posteriormente permitan aplicar as diferentes técnicas estatísticas.

Tratamento estatístico

Presentación de informe de conclusións acompañado coas gráficas que permiten unha correcta interpretación dos datos e faciliten a toma de decisións.

Monitorización da contorna

Non existe relación sen contexto. Non é posible definir unha estratexia sen ter en conta o entorno. Entender o ecosistema no que ten lugar a relación entre a empresa e os seus públicos pasa por ser capaz de integrar a capacidade analítica no día a día.

En Serviguide implementamos sistemas de intelixencia de negocio que permiten detectar a evolución de aspectos fundamentais para a toma de decisións como a evolución da competencia, os cambios no xeito de actuar dos diferentes segmentos de cliente obxectivo ou as ameazas e oportunidades derivadas da coxuntura económica.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.