Branding

Xestionamos desde unha perspectiva estratéxica e creativa todos aqueles elementos diferenciadores da identidade dunha marca e contribuimos á construción dunha promesa distintiva, relevante, completa e sostible no tempo. Marketing e comunicación son conceptos que non se poden separar dentro da estratexia empresarial.

Naming

Lideramos o proceso creativo de creación do nome da marca para a empresa ou produto. E xestionamos o seu rexistro na Oficina de Patentes e Marcas.

Identidade corporativa

Definimos o manual de identidade corporativa para que esta proxecte a personalidade, o posicionamento e a cultura organizacional que fai á empresa única e diferente das demáis.

Valores de marca

Vencellamos á empresa cos atributos asociados á marca que se desprenden da forma de facer e a cultura da organización para que poidan ser percibidos con claridade polo seu público.

Experiencia de marca

Identificamos os momentos de vínculo emocional entre as persoas e as marcas, e os recordos que producen estes momentos.

Arquitectura de marca

Organizamos as marcas vixentes nunha compañía e definimos os criterios para a creación de novas marcas.

Gabinete de prensa

Xestionamos o establecemento de relacións axeitadas cos medios de comunicación recepcionando as solicitudes dos mesmos, difundindo as novidades que se producen dentro da empresa e monitorizando as mencións e novas relacionadas coa organización. Facemos que marketing e comunicación vaian da man dun xeito natural e sen fisuras.

Base de datos

Creamos e mantemos actualizada a base de datos de medios de comunicación de referencia para o sector de actividade e/ou ubicación xeográfica da empresa.

Notas de prensa

Elaboramos e difundimos notas de prensa. Xestionamos a organización de roldas de prensa e encargámonos da convocatoria de medios e de redactar o dossier de prensa correspondente.

Xeración de contenidos

Identificamos contidos noticiables e xestionamos a difusión de información para asegurar a publicación/difusión de novas favorables nos medios. Redactamos artigos de opinión, reportaxes ou publireportaxes para a súa publicación nos medios buscando un equilibrio natural entre marketing e comunicación.

Filosofía win-win

Facilitamos o traballo dos profesionais da información, conseguindo un ambiente de colaboración.
Redacción de artigos de opinión, reportaxes ou publireportaxes para a súa publicación nos medios.

Comunicación interna y Responsabilidad Social Corporativa

Desenvolvemos ferramentas e implantamos protocolos para mellorar o fluxo de información dentro da compañía.

Posicionamento web

Concebimos a web como unha ferramenta de comunicación e vendas establecendo unha metodoloxía que permite incrementar a visibilidade en buscadores, obter un tráfico de calidade e maximizar o ratio de conversión a vendas.

Identificación de palabras clave

Indagamos nos termos de busca que levan ao teu negocio e definimos a estratexia para o uso de palabras clave e etiquetas que favorezan o posicionamento orgánico.

Auditoría SEO

Analizamos a túa páxina web para detectar todos os aspectos susceptibles de mellora e presentación dun plan de acción detallado para optimizar o posicionamento.

Consultoría SEO

Implementación de todos os aspectos susceptibles de mellora na páxina web incluíndo a súa total reconstrución ou a creación dunha páxina nova axeitada ás necesidades da empresa combinando funcionalidade, imaxe e orientación ao SEO.

Publicidade online

Xestionamos campañas de publicidade nos seus diferentes formatos tratando de obter o mellor ROI posible.

Redes sociais e RRPP online

Deseñamos a estratexia de contidos máis axeitada ás necesidades da empresa, definimos os medios sociais nos que a marca debe estar presente, obsesionámonos coa medición de resultados e a consecución dos obxectivos establecidos e formamos a todas as persoas que poidan sumar no eido do marketing e comunicación da empresa.

Auditoría redes sociales

Analizamos o punto de partida auditando as redes sociais nas que intervén a empresa, identificando as máis axeitadas desde un punto de vista estratéxico e creando os perfís e páxinas axeitados.

Estratexia en redes sociais

Deseñamos a estrategia de contidos: identificando o público obxectivo, definindo as tipoloxías de contidos e áreas de interese para o público e detectando as fontes de información. Definimos as pautas para a interacción cos usuarios.

Medición

Monitorizamos as mencións á empresa na Rede. Definimos os obxectivos cuantitativos (número de seguidores, visitas á páxina web, engagement, conversións  a vendas, leads). Redactamos os informes de actividade e conclusións para adaptar a estratexia de xeito periódico.

Publicidade

Estratexia de inversión publicitaria en redes sociais e xestión de promocións online.

Formación

Formamos ao persoal da empresa para poder xestionar de xeito autónomo as súas redes sociais a partir da estratexia definida.

RRPP online

Xestionamos a imaxe de marca e difusión de contidos para aumentar o número de prescriptores cualificados na Rede, detectando e establecendo relacións con bloggers e influencers relevantes.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.