CPS

“Creative Problem Solving” é un método creado por Alex Osborn e Sidney Parnes empregado por Serviguide en procesos de xestión do cambio nos que se buscan solucións creativas e innovadoras a partir dunha axeitada identificación de retos, a recopilación de información relacionada, a formulación de problemas, a xeración de ideas e solucións e o establecemento de plans de acción.

Método Lombard

O método Lombard é un proceso de aprendizaxe radical basado nos principios do emprendemento e da innovación disruptiva empregado por Serviguide para axudar a xerar as actitudes que levan a innovar: pensamento diverxente e converxente, asunción do erro como parte do proceso de ideación, predisposición á comunicación, etc.

A certificación para a facilitación desta metodoloxía creada por Imagine Creativity Center e difundida en España polo seu partner Actitud Creativa, permite a Serviguide desenvolver programas para potenciar a creatividade e a innovación a partir das 4 fases do método:

– Reformulación do problema

– Xeración de ideas.

– Desenvolvemento do prototipo.

– Comunicación.

Lego Serious Play

Lego Serious Play é unha metodoloxía de comunicación, traballo en equipo e resolución de problemas deseñada para acabar coas limitacións que o ambiente de traballo pode impoñer e facer que as persoas exploten a súa parte creativa expresando as súas ideas dun xeito lúdico e nun entorno distendido.

Empregando pezas de Lego, elixidas minuciosamente, os participantes terán que dar resposta ás preguntas que o noso formador lles irá formulando a través da construcción de modelos tridimensionais que logo servirán como intercambio de ideas dentro do grupo. Os exercicios individuais altérnanse con outros grupais, esixindo en todo momento a implicación de todos, segundo as habilidades que se queiran desenvolver en cada momento.

Mindfulness

A transformación empresarial esixe adaptarse a novos valores e formas de traballar. Require, non só de novas capacidades senón dun cambio profundo de actitude. O fomento dunha cultura marcada pola iniciativa dos empregados pode derivar en dificultades que non se resolverán limitándonos a impartir cursos de formación.

Ler máis

O concepto de “mindfulness” fai referencia a unha profunda toma de conciencia do momento presente. Os obradoiros de meditación na empresa permiten que os empregados desenvolvan as súas habilidades de liderado e contribúen a acadar os obxectivos de negocio a partir da adopción dunha mentalidade máis áxil, flexible e resiliente.

Serviguide implementa este tipo de obradoiros como un elemento complementario á formación no proceso de xestión do cambio co obxectivo de diminuir os niveis de ansiedade, o que repercute nunha mellora da creatividade, da calidade da toma de decisións e do clima laboral.

Ler menos

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.