Infografía Servizos Serviguide

Transformación organizacional

Cultivamos a innovación para levar a cabo procesos de redefinición do negocio das empresas ou dalgunhas das súas áreas coa fin de axustarse ás demandas do entorno e mellorar a súa competitividade.

Derrubamos a resistencia ao cambio e convertímola en motivación. Sabemos como funcionan as empresas e cremos na mellora continua…porque coñecemos ás persoas e nos apaixoamos co que son capaces de facer.

Desenvolvemento multilateral

Aseguramos unha presenza estable e sostible nos mercados de financiación pública multilateral internacional.

Financiación multilateral

Proxectos locais, nacionais e internacionais que inclúen a xestión de iniciativas multipaís e multibeneficiario a partir dun profundo coñecemento das operativas dos principais doantes internacionais (UE, BID, CAF, BM, etc.)

Prestamos asistencia técnica para a xestión de licitacións multilaterais no extranxeiro aproveitando a nosa presenza en países como EEUU, República Dominicana, Nicaragua, Uruguai e Bolivia.

Ver máis

Project Management

Levamos a cabo a identificación de proxectos multipaís con financiación multilateral, deseñamos e formulamos os proxectos desde o establecemento e coordinación de “Consorcios de execución de proyectos”.

Ver máis

Infografía datos Desenvolvemento multilateral Serviguide
Infografía datos externalización serviguide

Externalización

Analizamos a estrutura das empresas e identificamos e xustificamos aquelas áreas susceptibles de ser externalizadas. Cremos na receita da flexibilidade como un activo máis na batalla de adaptarse aos continuos cambios na demanda dos clientes. Facemos equipo para sumar desde a eficiencia e restar desde a redución de custos fixos.

Personalización / Adaptación / Armonía empresarial

Deseñamos e implantamos unha metodoloxía personalizada para cada cliente. Pensamos e desenvolvemos servizos dacordo coas súas necesidades.

Procesos operativos

Este tipo de servizos están pensados para dar unha solución ao cliente a nivel operacional e de apoio en tarefas secundarias. Deste xeito, a organización pode concentrar todos os seus esforzos no desenvolvemento do seu negocio principal. Este servizo pretende dar resposta a aquelas áreas cuxas funcións demandan persoas con habilidades específicas e axeitadas a cada posto.

Procesos de coñecemento

Existen servizos que requiren dun nivel máis estratéxico que operacional. Identificamos aquelas funcións de maior valor na organización e que requiren de procesos intensivos de coñecemento nos que o importante é a transferencia da experiencia no negocio e non en procesos concretos. Trátase da externalización de áreas cuxa natureza do traballo demanda persoas especializadas, expertas e con habilidades analíticas avanzadas.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.