Compostela Comunica: Unha aposta decidida pola innovación para mellorar a comunicación dun Concello.

 

O pasado 29 de maio tivo lugar a xornada de peche do programa Compostela Comunica, un proxecto no que por vez primeira SERVIGUIDE tivo a oportunidade de combinar as metodoloxías “Creative Problem Solving” e “Método Lombard” co obxectivo de mellorar a comunicación do Concello de Santiago de Compostela.

As normas do xogo ben claras desde o principio: un grupo de 15 persoas vencelladas ao Concello (funcionarios, concelleiros, persoal técnico e ata unha persoa asumindo o rol de usuario) participarían nunha serie de xornadas dedicadas a atopar novos espazos, canles ou procedementos que axudasen a mellorar o xeito en que o Concello se comunica cos cidadáns.

A aplicación de dinámicas de Creative Problem Solving supón unha aposta pola creatividade como elemento chave para atopar solucións innovadoras a calquera problema plantexado. A partir da facilitación de diferentes técnicas para estimular a ideación, o proceso comeza definindo axeitadamente os problemas a solucionar convertíondoos en retos a alcanzar polo grupo.

Combinar esta metodoloxía co prestixioso Método Lombard, empregado en Silicon Valley para potenciar o emprendemento e a innovación a partir de procesos de ideación, permitiu modelar o proxecto cunha clara vontade de acción. Non se tratou soamente de atopar novas ideas a partir da potenciación da creatividade de cada un dos membros do equipo de traballo, senón de ser fieis á esencia do “learning by doing” tantas veces defendida por Serviguide e chegar a convertir nun prototipo comunicable aquelas ideas con máis impacto escollidas polo equipo.

Xornada de peche de Compostela Comunica

A xornada de peche de serviu para presentar ao Grupo de Goberno do Concello os 3 prototipos que deu como resultado o programa e para facer una máis que positiva valoración da experiencia vivida polos participantes. Destacamos a capacidade destas metodoloxías para fomentar o consenso e a cohesión do grupo conformado polos participantes a partir do traballo en equipo en pos dun obxectivo común.

 

Recommended Posts
Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.

Not readable? Change text.