[rev_slider_vc alias=”dixitalizacion”]

Visual process mapping

Visual Process Mapping é unha ferramenta que permite a mellora de procesos mediante a correlación e interpretación dos procesos clave da empresa nun formato visual que é máis doado de entender, seguir e lembrar.

Pódese empregar para cartografiar toda a organización, ou só un compoñente. Involucra aos empregados para pensar en base aos sistemas, procesos e a optimización de recursos facendo que poidan ver os procesos dun xeito que non viran nin pensaran antes.

Ler máis

As persoas somos capaces de lembrar o 20% do que se nos di, pero a medida que se empregan máis sentidos a retención e a comprensión aumentan significativamente.

Ler menos

Cadro de mando integral

Trátase dun sistema de xestión que concibe a estrategia empresarial como un elemento consistente e transparente. A súa implantación permite comunicar a estratexia a través da organización e coordinar os obxectivos das diferentes áreas ou departamentos.

O CMI amosa desde diferentes puntos de vista os obxectivos marcados na empresa, relacionándoos con indicadores que permiten medir dun xeito sistemático o grao de cumprimento dos mesmos. Resulta un xeito eficaz de outorgar intelixencia ao proceso de toma de decisións.

Metodoloxía Lean

A metodoloxía Lean resulta dunha concepción da mellora de procesos dunha empresa de xeito que se consiga o seu obxectivo final: “facer máis con menos”.

Vencellada coa filosofía Kaizen que promove a mellora continua desde a involucración de todos os empregados, a metodoloxía Lean permite diferenciar os procesos que xeran valor daqueles que supoñen un desperdicio de recursos. O obxectivo é a mellora rápida e constante do sistema produtivo suprimindo os malgastos que xeran un incremento nos custos e, deste xeito, conseguir aumentar a eficacia.

Ler máis

Serviguide presta ás empresas a axuda necesaria na implantación desta metodoloxía como proxecto estratéxico de mellora empregando as ferramentas axeitadas e a supervisión de expertos que guían e apoian o proceso.

Ler menos

Metodoloxía 5S

Creada nas instalacións fabrís de Toyota nos anos 60, a metodoloxía 5S agrupa unha serie de actividades que se desenvolven co obxectivo de crear condicións de traballo que permitan a execución de tarefas de xeito organizado, ordenado e limpo.

Para acadalo, refórzanse os bos hábitos de comportamento e interacción social, creando un entorno de traballo eficiente e produtivo.

Ler máis

Cada un dos cinco “S” correspóndese coa primeira letra do nome de cada unha das súas etapas en xaponés: Seiri (clasificación ou organización), Seiton (orde), Seiso (limpeza), Seiketsu (estandarización) e Shitsuke (disciplina).

Ler menos

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.

Not readable? Change text.