Algúns dos nosos proxectos foron apoiados por programas públicos de axudas, promovidos por diferentes Administracións e outros Organismos financiadores.
SERVIGUIDE lidera a agrupación promotora do proxecto CATCH subvencionado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación e o fondo FEDER da Unión Europea. No proxecto participan SERVIGUIDE CONSULTORIA S.L., BAHIA SOFTWARE, S.L., TECNOLOGÍAS PLEXUS, S.L., SISTEMAS AUDIOVISUALES ITELSIS, S.L e 4GOTAS ATMOSFERA Y OCEANO, S.L. e ademáis conta coa colaboración do Centro Tecnolóxico GRADIANT e do Grupo de Inxeniería Ambiental e Bioprocesos da USC.
CATCH céntrase no desenvolvemento dunha ferramenta integral de predición, seguimento, control e redución de emisións gaseosas que afectan á calidade do aire, incidindo ademáis, no seguimento, control e redución do consumo enerxético. A misión de SERVIGUIDE é definir o modelo de uso do sistema CATCH, traballar para dar intelixencia ao mesmo e fixar as bases dos algoritmos de control.
Axuda concedida: 105.150,04 euros
SERVIGUIDE participa no proxecto IDE4ICDS, subvencionado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e cofinanciado con fondos FEDER a través do Obxectivo Temático Promover o desenvolvemente tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade, dentro da convocatoria Retos-Colaboración do Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación Orientada aos Retos da Sociedad, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016. O consorcio está formado por SOLTEL IT SOLUTIONS SL, UNIVERSIDADE DE SEVILLA (a través do grupo IWT2), a Fundación FISEVI (a través do grupo GiT do Hospital Universitario Virgen del Rocío) e SERVIGUIDE CONSULTORIA SL.
O proxecto ten como obxectivo definir unha metodoloxía de traballo baseada no paradigma dirixido por modelos (MDE) coa que xestionar o ciclo de vida das guías clínicas e desenvolver unha plataforma centralizada, integral e colaborativa que dea soporte real e práctico.
Orzamento financiable aprobado: 824.881,60€.
SERVIGUIDE lidera a agrupación promotora do proxecto ZEC, cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Innovación y o fondo FEDER da Unión Europea. O consorcio do proxecto está formado por SERVIGUIDE CONSULTORIA S.L., BAHIA SOFTWARE, S.L., TECNOLOGÍAS PLEXUS, S.L., SISTEMAS AUDIOVISUALES ITELSIS, S.L y SETGA, S.L.U. e ademáis conta coa colaboración do Centro Tecnolóxico GRADIANT e do Grupo de Ingeniería Ambiental e Bioprocesos da USC.
O proxecto ZEC, ZERO EMISSIONS CITY defínese como un sistema de avaliación en tempo real dos consumos de enerxía dos diferentes sistemas de demanda presentes en instalacións municipais ou de grandes organizacións, para poder actuar a partir do balance da pegada de carbono como un indicador de xestión, información e análise das accións encamiñadas a mellorar a eficiencia e á redución de consumos.
A nosa misión é definir a funcionalidade deste sistema, facer un seguimento da implantación, unha guía de funcionamento, asegurando sempre a calidade do sistema e establecendo unha estratexia comunicativa ambiental do proxecto.
Axuda concedida: 58.382,22€.
Deseño e posta en marcha dun novo servizo de promoción e fidelización a través de xeolocalización que permite ás microempresas e Pemes galegas do sector da hostalería e pequeno comercio unha maior visibilidade e presenza on-line, para captar novos clientes e fidelizar os actuais.
A partir da combinación de tecnoloxías de xeoposicionamiento e etiquetaxe intelixente con técnicas de marketing e promoción on-line, búscase despregar e ofrecer un servizo de asistencia e promoción, pensado para microempresas e pemes do sector de hostalería e pequeno comercio de Galicia. Articúlase a través da implementación dun portal web para a administración de contidos e unha plataforma móbil para o acceso ás ofertas por parte dos usuarios dos principais smartphones. O servizo ofertado está orientado a potenciar a visibilidade, inmersión e uso eficaz da web 2.0 por parte dos establecementos, enfocado á promoción e oferta in-situ e on-line, o que lles permitirá captar novos clientes e fidelizar os actuais. Durante o desenvolvemento do proxecto tamén se asesorou aos establecementos na interacción coas redes sociais máis estendidas para deixar patente o impacto destas na supervivencia do comercio polo miúdo.
Financiado na convocatoria INNOEMPRESA 2013 do IGAPE.
Axuda concedida: 15.905,51€
SERVIGUIDE buscaba a creación dunha plataforma que permita a axilización de procesos de negocio a través da interacción directa cos axentes que interveñen nos servizos ofertados (clientes, provedores e empregados) e axilización de procesos e servizos.
Financiado mediante a convocatoria IN841C 2011 da Xunta de Galicia.
Axuda concedida: 27.756,75€
Desde SERVIGUIDE realizouse un estudo e o deseño da metodoloxía para a posta en marcha dun modelo de índice público de satisfacción do consumidor galego con obxecto de promover a excelencia das empresas dos principais sectores estratéxicos da economía galega e elevar o nivel de benestar dos consumidores.
Entre os beneficios derivados do proxecto, buscábase provocar un efecto dinamizador nas organizacións empresariais, de modo que o índice de satisfacción convértase nun factor diferencial de referencia no mercado. Tamén se tentaba orientar a xestión empresarial cara á mellora da satisfacción do consumidor e por tanto a sustentabilidade da economía.
Este proxecto foi financiado na convocatoria INCITE 2006 da Xunta de Galicia.
Axuda concedida: 26.785,00€
Desenvolvemento dun método de minimización e monitoraxe da contaminación lumínica. Financiado na convocatoria PGIDIT 2004 da Xunta de Galicia (Programa de Tecnoloxías Ambientais).