[rev_slider_vc alias=”economia-circular-gal”]

Metodoloxía contrastada

Serviguide aborda os proxectos de transición á Economía Circular baseándose nos parámetros establecidos por referentes no desenvolvemento da Economía Circular, como Ellen MacArthur Foundation, combinadas con outros referenciais e mellores prácticas do eido d management e a xestión de proxectos.

A Dirección de proxecto asignada ao cliente lidera o traballo dun equipo técnico multidisciplinar preparado para adaptar as sesións de traballo aos obxectivos da empresa, procedimentar a captación e análise da información necesaria e acompañar a implantación do plan de acción definido.

Cando unha empresa se compromete cos seus valores e busca chegar o máis lonxe posible na identificación entre o que é e o que fai, atopa en Serviguide a un compañeiro de viaxe disposto a compartir o seu coñecemento e know how coa maior motivación que pode existir: mellorar o mundo que deixaremos aos que chegarán despois de nós.

Avaliación de circularidade

Avaliamos o punto de partida da empresa en términos de sostibilidade para obter as claves que permitan orientar axeitadamente o Plan de Transformación á circularidade e a súa integración no modelo de negocio.

Analizamos as principais variables que definen o modelo de negocio da empresa, indagando na procura de oportunidades para optimizar a xestión de recursos e procesos.

Medimos o nivel de Circularidade de produtos e compoñentes que interveñen nos procesos de negocio da empresa co nivel de desagregación que esta precisa en función dos obxectivos definidos. Deste xeito obtemos indicadores válidos e adaptados á realidade de cada cliente que permitirán medir a axeitada evolución do Plan.

Enfoque sistémico

Colaboramos na identificación dos principais stakeholders da empresa e implicámolos no seu proxecto con dinámicas de traballo que potencian a integración de diferentes puntos de vista, permitindo acometer actuacións concretas, coordinadas e integradas no modelo de negocio da empresa sen perder de vista a perspectiva dos seus clientes e demáis partes interesadas externas.

Contacto

Envíanos un mensaje y nos pondremos en contacto contigo.

Not readable? Change text.